Espazos do mel. desopercular, centrifugar, decantar, envasar...
Espazos do mel. desopercular, centrifugar, decantar, envasar...
A liña dedicada ao mel divídese en dous andares. No superior van colocadas a desoperculadora automática e máis o extractor por centrifugado, con capacidade para 18 cadros de cada vez.
Dúas tubaxes comunican esta sala co baixo, onde o mel cae por gravedade directamente aos tanques de decantación.
Para finalizar o proceso, A Fusquenlla dispón dunha moderna máquina de envasado que axiliza o traballo sen que se haxa perdas dun produto tan saboroso e prezado.
Ao carón desta sala tamén se encontra o segundo almacén para gardar a resgardo da luz e de cheiros tanto os frascos de mel como outras conservas.