MANIFESTACIÓN EN A CORUÑA: POR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE
📢 ATENCIÓN FAMILIAS📢
Desde a AFA “As Escoliñas” do CRA de Bergondo queremos informarvos de que como asociación de familias apoiamos e difundimos que o vindeiro
🗓 28 de febreiro
🕚 11:00 h
📍 Praza de Ourense (A Coruña)
está convocada unha manifestación en defensa da educación pública ✊📚
A situación é grave:
❗ Falta de recursos
❗ Insuficiencia de persoal
❗ Apoios que non chegan
❗ Necesidades educativas sen cubrir
Isto afecta directamente ao presente e ao futuro das nosas fillas e fillos
Non podemos mirar para outro lado. O que está en xogo é o dereito a unha educación pública de calidade, inclusiva e con medios suficientes.
📎 Achegamos o cartel cos motivos detallados da convocatoria.
👉 Animámosvos a que, dentro das vosas posibilidades, acudades á manifestación. É importante facer forza e masa 💪
👉 E pedímosvos que compartades esta información e fagades de altofalante 📣 coa comunidade educativa e coas familias de Bergondo.
A educación pública deféndese mobilizándonos ✊🔥
NON PEDIMOS PRIVILEXIOS, ESIXIMOS DEREITOS!
💚 Dende a AFA As Escoliñas do CRA de Bergondo facémonos eco desta nova e queremos dar a coñecer o proxecto educativo tan bonito do que formamos parte:
O CRA de Bergondo está formado por 5 pequenas escolas repartidas polo concello, onde nenos e nenas de 3 a 6 anos comparten espazos, favorecendo a aprendizaxe cooperativa, o acompañamento entre idades e un ritmo respectuoso para cada etapa nunha contorna natural e acolledora.
🍽️ O CRA conta con servizo de comedor e con actividades extraescolares xestionadas ambas polo AFA e que axudan a completar a experiencia educativa e sobre todo a conciliación.
💚 As familias que xa formamos parte do CRA sabemos o moito que aporta este proxecto as nosas vidas.
🙏 Animámosvos a compartir esta información para que chegue a máis familias e para seguir facendo medrar esta comunidade educativa e que a escola rural esté más viva que nunca!
ENQUISA PREVIA SERVIZO DE CONCILIACIÓN AFA CRA Envío do cuestionario ata o 8 de setembro
Estimadas familias,
Dende a AFA quremos poñer en marcha un servizo de conciliación para o vindeiro curso escolar. Este servizo funcionaría de luns a venres, en horario de 15:30 a 17:00 h.
O funcionamento sería o seguinte:
O alumnado que utiliza o comedor sería recollido ás 15:30 h e acompañado polas/los monitoras/es ata o local social de Guísamo onde tería lugar a actividade.
O alumnado que non utiliza o comedor tamén poderá beneficiarse do servizo; neste caso, as familias deberán levalo directamente ao local social a partir das 15:45 h.
Todas as crianzas serán recollidas polas familias ás 17:00 h.
📌 Importante:
O custo mensual do servizo de conciliación dependerá de dous factores:
- o número de días que cada familia precise.
- o total de familias inscritas
👉 *Cantas máis familias se apunten, máis baixo será o prezo para todas.*
👉 Como orientación:
- Se o usades *1 día á semana*, estimamos uns *20 € ao mes*
- Se o usades *5 días á semana*, estimamos uns 100 € ao mes*
📊 Unha vez teñamos todas as inscricións, faremos os cálculos reais e poderemos comunicarvos uns prezos mais concretos.
Moitas grazas pola súa colaboración.
A información recompilada axudaranos a negociar as mellores condicións para todas as familias.
Asdo.: Xunta Directiva AFA CRA
ASISTENCIA AO SERVIZO DE COMEDOR SEMANA DO 8 AO 12 DE SETEMBRO
Envío do cuestionario ata o 5 de setembro
Dado que a primeira semana de escola haberá periodo de adaptación é necesario confirmar a asistencia a través de este formulario.