Esta asociación foi beneficiaria no 2026 da subvención F202/2026 destinada a subvencionar parcialmente as súas actividades.
Esta asociación foi beneficiaria no 2026 da subvención F202/2026 destinada a subvencionar parcialmente as súas actividades.
AFA AS ESCOLIÑAS PRESENTA… o MIÚDO FEST!
Un festival organizado con moitísima ilusión pola AFA As Escoliñas do CRA de Bergondo, para reunir as familias arredor da música, a arte, o circo, os xogos e, sobre todo, das ganas de compartir!
O vindeiro 28 de novembro, queremos encher a pista de Lubre de vida, risas e momentos para lembrar.
O Miúdo Fest nace das ganas de crear espazos nos que atoparnos, compartir e fortalecer os lazos que nos unen. Porque unha escola rural non é só un lugar onde as nenas e os nenos aprenden: é tamén un espazo de convivencia, de relación entre xeracións, de identidade e de comunidade. É parte da vida das nosas parroquias, contribúe a mantelas vivas e fai posible que a infancia medre ligada ao seu territorio, á súa xente e á súa contorna.
Desde a AFA queremos poñer tamén o noso gran de area nisto: facer comunidade arredor da escola, dar valor ao que temos e demostrar que, cando nos xuntamos, somos capaces de crear moitas cousas bonitas. E que mellor maneira de facelo que cunha xornada para desfrutar en familia e entre amigas e amigos?
Organiza: *AFA «As Escoliñas» do CRA de Bergondo*.
Actividade subvencionada polo *Concello de Bergondo* @conbergondo
PROGRAMACIÓN
11:30 h — Espectáculo musical «A Voar» con Cé Orquestra Pantasma @ce.orquestrapantasma
13:00 h — Mostra de arte: «Pinturas para contar» , das e dos peques do CRA, con Fanithings @fanithings
14:00 h — Xantar popular. Trae o teu xantar para compartir!
16:00 h — Foliada e mostra de baile e pandeireta das e dos peques do CRA con Queiroa @asociacionqueiroa
17:00 h — Espectáculo de circo «Circanelo» con Fredi Muiño, da CIA N+1 @nmais1
18:00 h — Chocolate quentiño para rematar a xornada!
DURANTE TODO O DÍA: ESPAZO DE TROCO!
Trae xogos, xoguetes e libros que xa non uses, leva outros e dálles unha nova vida. TRAE, LEVA E COMPARTE!
E unha mención especial á nosa compañeira Iria Fafián @iriafafian, autora deste fermoso cartel que lle pon imaxe, cor, talento e agarimo ao noso Miúdo Fest.
Pista polideportiva de Lubre (Bergondo).
28 de novembro.
De 11:00 a 19:00 h.
ENTRADA DE BALDE E ABERTO A TODAS AS FAMILIAS!
Queremos que este festival sexa un punto de encontro, unha oportunidade para coñecernos, compartir e seguir construíndo, entre todas e todos, unha comunidade educativa viva, participativa e orgullosa da súas escolas.
Porque a escola tamén se constrúe fóra das aulas. E o futuro do rural constrúese tamén desde a infancia, desde as familias e desde a comunidade.
Agardámosvos no MIÚDO FEST!