PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
O prazo de inscrición permanecerá aberto do 1 ao 15 de agosto, ambos incluídos.
A inscrición realizarase exclusivamente a través da páxina web da AFA:
https://sites.google.com/view/afacradebergondo
Na sección "Actividades Extraescolares" atoparedes os dous formularios que será necesario cubrir. É importante cubrir os dous para finalizar o proceso de inscrición.
1.Formulario de alta ou renovación como familia socia da AFA.
2.Formulario de inscrición nas actividades extraescolares.
Cada formulario indica a documentación que debe achegarse. Segundo corresponda, solicitarase anexar:
Modelo SEPA (orde de domiciliación bancaria).
Autorización de recollida do menor.
Xustificante do pagamento da cota de familia socia correspondente ao curso 2026-2027.
Na sección da propia páxina web "Documentación. Documentación descargable" atoparedes os dous modelos.
https://sites.google.com/view/afacradebergondo/inicio/documentaci%C3%B3n-descargable?authuser=0
Só tedes que descargalos, cubrilos, asinalos e anexalos ao formulario indicado.
Actividade de piscina
A actividade de natación na Piscina Municipal de Sada ten un funcionamento diferente ao resto das actividades extraescolares e, por este motivo, conta cun procedemento de inscrición propio.
A continuación trasladámosvos a información que, ata o momento, nos foi facilitada pola Piscina Municipal de Sada.
Este curso cambia o funcionamento da modalidade ANPA/AFA dos cursos de natación. Ata o de agora, cada ANPA/AFA tiña asignado un día fixo e un horario determinado. A partir deste curso, a oferta amplíase con grupos distribuídos ao longo de toda a semana, co obxectivo de ofrecer unha maior flexibilidade ás familias e de crear grupos máis adaptados ao nivel de natación de cada nena e neno.
A organización e xestión desta actividade corresponde á Piscina Municipal de Sada. A AFA actúa unicamente como intermediaria, facilitando ás familias interesadas un certificado acreditativo da súa condición de socias, documento imprescindible para poder acceder á modalidade ANPA/AFA.
Segundo a información facilitada pola Piscina Municipal de Sada, o calendario previsto é o seguinte:
Preinscrición: do 9 ao 16 de setembro.
Publicación das listaxes provisionais: 18 de setembro.
Matrícula e pagamento: do 18 ao 25 de setembro.
Inicio das clases: 1 de outubro.
A finais do mes de agosto, en canto nos informen e recibamos toda a documentación e os horarios definitivos por parte da Piscina Municipal de Sada, enviarémosvos a folla de preinscrición, a oferta de horarios e toda a información necesaria para solicitar o certificado da AFA.
3. Información importante
Cada actividade conta cun número mínimo e un número máximo de participantes.
Se unha actividade non alcanza o número mínimo de inscricións, non será posible formar grupo e, polo tanto, non poderá levarse a cabo.
No caso de que se supere o número máximo de prazas, a AFA informará ás familias do procedemento que se seguirá para a súa adxudicación.
Unha vez remate o prazo de inscrición e revisadas todas as solicitudes, comunicarémosvos como quedarán configurados os diferentes grupos de cada extraescolar.
As actividades extraescolares comezarán o 1 de outubro, agás os servizos de Conciliación e Ludoteca, que iniciarán a súa actividade o primeiro día lectivo do curso, coincidindo co inicio do servizo de comedor.
Se tedes calquera dúbida durante o proceso de inscrición, podedes poñervos en contacto coa AFA e estaremos encantadas de axudarvos.
Agradecémosvos, un curso máis, a confianza depositada na asociación e agardamos que esta nova programación sexa do voso interese.
Unha aperta,
Xunta directiva AFA As Escoliñas do CRA de Bergondo
A actividade de natación na Piscina Municipal de Sada forma parte da oferta de actividades extraescolares da AFA As Escoliñas do CRA de Bergondo.
As familias socias da AFA poderán acceder á modalidade ANPA, que permite participar nestes cursos cun prezo de 15 € ao mes, inferior ao dos cursos ordinarios da piscina.
Este ano hai un cambio importante na organización dos grupos.
A Piscina Municipal de Sada será a encargada de configurar os grupos, non en función da AFA ou do centro ao que pertenza o alumnado, senón atendendo á idade, nivel de aprendizaxe, experiencia, autonomía acuática e homoxeneidade dos grupos.
Isto significa que alumnado de diferentes centros poderá compartir grupo se presenta un nivel similar.
Na folla de preinscrición, as familias poderán indicar as súas preferencias de grupo por orde (1ª opción, 2ª opción, 3ª opción, etc.). A asignación definitiva será realizada pola piscina tendo en conta a idade, o nivel do alumnado e a organización das prazas.
Para Educación Infantil, as opcións que figuran na folla de preinscrición son:
Luns, 16:30 h → Infantil Iniciación
Mércores, 16:30 h → Infantil Medio
Venres, 16:45 h → Infantil Iniciación
Venres, 16:45 h → Infantil Medio
Que se considera nivel medio?
Segundo a información facilitada pola piscina, considérase nivel medio aquel no que o neno/a xa nada só, sen cinto nin manguitos, ou ben participou en cursos anteriores e está próximo a conseguir nadar de maneira autónoma.
Preinscrición: do 9 ao 16 de setembro de 2026
Sorteo, se fose necesario: 17 de setembro de 2026
Publicación das listas provisionais: 18 de setembro de 2026
Formalización da matrícula e pagamento: do 18 ao 25 de setembro de 2026
Inicio das clases: 1 de outubro de 2026
Neste momento, só é necesario cubrir e presentar a folla de preinscrición.
A preinscrición debe realizala directamente a familia coa Piscina Municipal de Sada, a través da folla correspondente.
Unha vez adxudicada a praza, será a propia piscina a encargada de xestionar directamente a matrícula, o pagamento e o resto da documentación necesaria para formalizar a inscrición.
A función da AFA neste proceso é acreditar que a familia é socia da AFA, para que poida acceder á modalidade ANPA.
Para iso, facilitaremos o certificado de pertenza á AFA, que deberá presentarse posteriormente, no momento de formalizar a matrícula, unha vez adxudicada a praza.
O certificado acreditará a pertenza á AFA e permitirá acceder ás condicións da modalidade ANPA.
Dende a AFA actuamos como intermediaria e facilitadora da información, pero non xestionamos as preinscricións, as prazas, os grupos, os horarios nin os pagamentos.
A Piscina Municipal de Sada é a responsable da xestión dos cursos: preinscricións, adxudicación de prazas, organización dos grupos e horarios, matrículas, pagamentos, altas, baixas e funcionamento da actividade.
Por iso, calquera dúbida relacionada coa preinscrición, praza, horario, nivel, matrícula, pagamento ou funcionamento dos cursos deberá ser consultada directamente coa piscina, que é o servizo responsable de atendela e resolvela.
Contacto da Piscina Municipal de Sada:
📧 piscina.municipal@sada.gal
📞 981 620 075
🕐 De luns a venres, de 07:30 a 22:00 h
Toda a documentación relacionada cos cursos de natación estará dispoñible para a súa consulta e descarga no apartado DOCUMENTACIÓN da nosa web.
Entre a documentación facilitada pola piscina atópanse os formularios e documentos necesarios para a formalización da matrícula, que deberán presentarse unha vez adxudicada a praza.
Importante: agora só se debe realizar a preinscrición. Non é necesario presentar neste momento o resto da documentación.
Tamén podedes consultar, con carácter informativo, a resolución do Concello de Sada coas bases de participación nos cursos de natación 2026-2027, onde se recollen as condicións, os prazos e o funcionamento dos cursos.
Por parte da AFA, estaremos á vosa disposición para facilitarvos o certificado de socio/a e para axudarvos na medida do posible.
AFA As Escoliñas do CRA de Bergondo
DOSSIER DE PRESENTACIÓN
DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
DO CURSO 2026- 2027
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2025- 2026