Unha visita ao forte do Castro nos dará a visión da Ría de Vigo que tiñan os encargados de defendela. Tamén poderemos apreciar a impotencia que sentirían ao comprobar que os barcos atacantes conseguían pasar ata o fondo da ría porque o alcance dos canóns do forte non chegaba ata Cangas.
px. 60
Podemos comezar a descender polo monte do Castro ata chegar ao monumento adicado aos Galeóns de Rande, que conta con varias áncoras e canóns que foran resgatados do fondo do mar.
Continuando o descenso, pasaremos pola torre do Concello (detrás da cal ainda quedan restos a muralla antiga), baixando ata a Porta do Sol e continuando polo Casco Vello ata acadar a pasarela da Laxe, pasando por diante dun mural en pedra adicado aos nomes de famosas batallas mariñas, e descendendo ata a explanada do Náitico, onde se atopa a estatua adicada a Jules Verne.
O monumento adicado a Jules Verne rememora capítulo VIII da segunda parte do seu libro "Vinte Mil leguas baixo dos mares", que adicou á batalla de Rande e o seu tesouro.
Fragmentos do texto do capítulo VIII da segunda parte do libro
Os comerciantes de Cádiz tiñan o privilexio de ser os destinatarios de todas as mercadorías procedentes das Antillas. A descarga dos lingotes dos galeóns no porto de Vigo ía contra o seu dereito. Por iso, queixáronse en Madrid e conseguiron do débil Felipe V que o convoi, sen descargalo, permanezera inmobilizado na rada viguesa ata que as flotas inimigas se afastaran. Pero mentres se tomaba esa decisión, a frota inglesa fixo a súa aparición na baía de Vigo o 22 de outubro de 1702. A pesar da súa inferioridade material, o almirante de Château Renault loitou con valentía. Pero cando viu que as riquezas do convoi ían caer en mans do inimigo, prendeu lume e afundiu os galeóns cos seus inmensos tesouros.
.............
Durante un radio de media milla ao redor do Nautilus, as augas estaban cubertas de luz eléctrica. O fondo areoso era claramente visible. Os homes da tripulación con cascos afanáronse en inspeccionar barricas medio podrecidas, cofres bombardeados no medio de restos ennegrecidos. Das caixas e barrís escapaban lingotes de ouro e prata, fervenzas de piastras e xoias. O fondo estaba cheo de tales tesouros. Cargados co precioso botín, os homes regresaron ao Nautilus, depositaron nel a súa carga e volveron para emprender aquela inesgotable pesca de ouro e prata.
Perto do fermoso parque de Castrelos atopámonos cunha cafetería que leva o nome da batalla de Rande, así como co Museo etnográfico Liste. Ainda que non se adica especificamente a dita batalla, este Museo recolle a memoria dos xeitos de vida tradicionais como os que levaban as xentes que foran recrutadas para faceren parte das improvisadas milicias, e tamén para transportar os tesouros dos galeóns en carros de bois ata Lugo.
Cafetería "La Batalla de Rande" (avda de Castrelos, Vigo)
Moi perto: Museo Liste (etnográfico)
Ao pé da praia de Alcabre atópase o Museo do Mar, que recolle moitos elementos da vida mariñeira de todas as épocas.
Museo do Mar (Alcabre)