O Concello de Baiona é un dos lugares de referencia en relación coa batalla de Rande.
Dando un paseo polo camiño público á beira do mar que rodea o castelo de Baiona pódese apreciar a visión das Illas Cíes desde o Sul, e imaxinar o que sería contemplar a presenza de máis de 100 navíos de querra fondeados nas mesmas e preparándose para o ataque no día seguinte.
Desde o Castelo (e Parador) de Baiona pódese visualizar a época na que transcorreu a batalla, asi como a chegada das primeiras noticias e os preparativos para a mesma.
Aproveitando a visita a Baiona, pódense facer uns cantos desprazamentos de interese relacionados directa ou indirectamente coa batalla naval de 1702.
Baiona xa fora testemuña provilexiada, dous séculos antes, da chegada dunha das tres carabelas de Colón anunciando o descubrimento dun Novo Mundo.
Réplica da Carabela "Pinta" Google Maps máis info
Un pequeno paseo a pé pola estrada da beiramar permítenos achegarnos a un par de puntos cunha vista privilexiada cara ao OceanoAtlántico. Un deles, a Virxe da Rocha, ten unha carabela na man á cal se pode acceder desde o interior.
Miradoiro da Virxe da Rocha (Baiona) Google Maps
Aparcadoiro Rompeolas (ao pé do mar) Google Maps
Un pouco máis lonxe, pola mesma estrada oceánica, podémonos achegar ao Cabo Silleiro, que conforma o extremo Sul da Ría de Vigo. Alí foron instaladas no ano 1923 unhas baterías costeiras coa misión de defender a bahía de ataques como o que acontecera dous séculos antes.
Baterías de Cabo Silleiro (II Guerra Mundial) Google Maps
Construidas no 1923 con canóns dun acoirazado, reportaxe