Este Museo, especificamente adicado a comemorar a Batalla de Rande, ofrece exposicións permanentes e temporais, videos, cafetería, etc. Ainda que a visita é de balde, convén acceder á páxina informativa e chamar antes para coñecer os horarios, programas, etc.
O seguinte audiovisual interactivo é unha produción do Museo Meirande.
Contén moita infortmación sobre a Batalla de Rande nun formato chamativo, e pode ser interesante visitalo online co noso alumnado antes de desplazarnos ao propio Museo.
Moi perto do Museo , xusto ao pé da ponte de Rande, están as ruinas do que fora o Forte de Rande, asaltado polos infantes de mariña anglo-holandeses como paso previo ao ataque naval.