Antes de chegar ao Cabo de Home podemos visitar algúns lugares de interese.
A praia de Rodeira, en Cangas, foi testemuña do paso (en fila de un, como nunha procesión) dos barcos de guerra anglo-holandeses, aproveitando que a potencia de fogo das baterías do Castro, en Vigo, non lles permitía acadar ata a outra marxe da ría.
O Cruceiro de Hío, no lugar do mesmo nome, é unha obra do canteiro Cerviño. Ainda que non ten relación directa coa batalla de Rande (foi feito case dous séculos despois), ten certo interese pola proximidade xeográfica.
A praia de Melide, no Cabo de Home, foi testemuño do paso vitorioso da escadra combinada anglo-neerlandesa, co seu botín de guerra. Porén, alí tivo lugar tamén un feito que amargou algo esa vitoria, como foi o afundimento do galeón "Cristo de Maracaibo" cos tesouros que levaba no seu interior.