Neste primeiro trimestre contamos coa sempre grata visita de Miguel Ángel Alonso, un gran escritor e docente. Realizou unha serie de talleres nos cursos de infantil e primaria para ensinar e transmitir a paixón pola poesía e a importancia que teñen as palabras.
Esta semana contamos coa presenza da conta contos e profesora de teatro: Sabela Gago, quen nos trasladou á maxia dos contos creados por nós mesmos. Unha actividade dinámica e divertida onde os espectadores foron creadores e actores da súa propia obra.
Estes días a escritora María Canosa visitou o noso colexio e participou nunha animada conversa cos alumnos de 1º de Ed. Primaria. O tema elexido foi a súa obra: Lobo Ramón, libro que os nenos leron e traballaron na aula coas súas titoras este curso.