Hoxe, Día Mundial da lectura en voz alta, fixemos unha lectura en común do libro Totalmente Adrián. Un libro que axuda aos nenos e nenas a valorarse e ser un mesmo, así como a entender que ser diferente é algo positivo e enriquecedor.
Posteriormente, comentamos o mellor de cada alumno e estes debuxáronse coas ás que lles gustaría ter.
Pouco a pouco, a nosa biblioteca vaise estendendo a diferentes estancias do noso colexio. Unha destas ubicacións é a aula de educación especial, co fin de facilitarlle o acceso á lectura a todos os alumnos con algún tipo de NEAE. Neste recuncho, poden atopar libros con pictogramas, libros adaptados polo persoal do centro e moitos materiais e xogos que lles axudan a mellorar a lectura e a comprensión. Tamén iremos ampliando máis coleccións ao longo deste curso.
Esta semana celebrase a festividade da Reconquista de Vigo. Por iso, dende a biblioteca inclusiva, estamos a promover a lectura do libro Cies e Roque: Operación Reconquista.
Con motivo do día do libro, nos recreos desta semana faremos un taller de elaboración de marcapáxinas.
Hoxe, 15 de maio, para celebrar o día Internacional das familias, lemos o libro Mis increíbles vecinos. Un marabillosa obra da galega "Iria Bermúdez" que explica a gran diversidade de familias que existe. Posteriormente, os alumnos que quixeron explicaron como é a súa e elexiron a que máis se parece á do libro.
O 17 de maio, día das Letras Galegas, este ano adícase a Francisco Fernández del Riego. Para celebralo, ao longo desta semana, durante a hora do recreo, proxectarase na pizarra dixital da aula EE, un video coa súa biografía. Tamén se poderá pintar debuxos que representan momentos importantes da súa vida, os cales serán expostos posteriormente.
O pasado domingo 28 de maio, celebrouse o día Internacional do xogo.
Dende a biblioteca queremos promover os xogos de mesa, posto que aportan moitos beneficios para os alumnos. Por este motivo, ao longo desta semana na hora do recreo, os alumnos que queiran poderán achegarse ata a biblioteca para coñecer e probar os diferentes xogos dos que dispoñemos.