Cada título da serie desenvolve un único conflito de maneira clara. Bitmax&Co sitúanos de cheo na estrutura narrativa clásica, presenta un conflito, desenvólveo e resólveo. A diversidade formal de Bitmax&Co sitúa aos primeiros lectores nun proceso de descodificación que pode seguir sen perderse porque se lle ofrece a información de maneira ordenada e diversos niveis de lectura.
A historia dun neno que non deixará indiferente a ninguén. O "best seller" xuvenil para contar entre dous aos máis cativos.
Unha lectura amena para nenos de entre 7 e 9 anos, onde aprenden a xogar coas palabras a través da poesía.
Estes 5 libriños farán tolear aos máis cativos. Indicado para arrancar a lectura xa que se presentan nun formato cómodo, escrito en letra maiúscula e cargados de rimas. A súa ilustración está moi coidada para facelos atractivos para estas idades tan especiais.