Nós estamos aquí

Obra dirixida a nenos de 7 a 10 anos na que o autor Oliver Jeffers, cóntalle o seu fillo de dous meses como é o lugar onde vivimos, un mundo as veces desconcertante, máis ainda cando acabas de chegar a el. Nesta guía que comeza no espacio, pasando polo planeta, as persoas, o clima... fai un fermoso percorrido que nos fará entender como é o lugar onde vivimos e a importancia de coidar del. 

O gran libro da nosa horta

Nesta obra de Blanca Millán atoparás todo o que precisas saber para creares a túa horta na casa e dende cero. Coñecerás o lugar perfecto para ela, os procesos de semente e colleita e os cultivos que podes poñer en cada época do ano para así ter froitas e verduras frescas cada día.