O pasado xoves 10 de novembro o alumnado de 3º de Educación Dixital e de 4º da ESO de Tecnoloxía do IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra participou no XIII Edición do Obradoiro e Concurso Galego de Robótica e drons titulado "A maxia da Robótica e dos Drons" organizado por Igaciencia coa colaboración do Concello da Coruña.
Neste curso participaron máis de 800 alumnos galegos da ESO, Bacharelato e FP cuxo obxectivo é formar ao alumnado no eido da Robótica e a Programación. Ambos obradoiros e concursos constaban de dúas fases, unha fase de formación e posteriormente unha fase de concurso onde o alumnado tiña que realizar unha serie de desafíos de dificultade progresiva.
A entrega de premios tivo lugar o venres 11 de novembro ás 17:30 no Centro Sociocultural Ágora na Coruña polo responsable de Igaciencia e polo Conselleiro de Educación, Memoria histórica, Innovación, Industria e e Emprego “Jesús Celemín”, quen destacou o enxeño e imaxinación do alumnado participante.
A alumna de 4º da ESO María Argibay Pastoriza, xunto cos seus compañeiros Ángel Rey Cores e Pablo Álvarez Méndez, foron os gañadores do “II Concurso de drons na aula” na categoría de 4º da ESO, Bacharelato e Formación Profesional.