O pasado 26 de xaneiro ás 10:30 no Salón de actos do noso centro educativo o alumnado de 3º da ESO de Educación Dixital, de 4º da ESO de Tecnoloxía e Tecnoloxías da Información e da Comunicación, de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía e Enxeñaría I e de Tecnoloxías da información e da Comunicación I e de 2º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial II asistiron a unha charla sobre “Internet das cousas loT” organizada pola facultade de Telecomunicacións da Universidade de Vigo.