O xoves 27 de abril “Día das Rapazas nas TIC” o alumnado de 2º da ESO, 3º da ESO da materia Educación Dixital e de 4º da ESO da materia optativa Tecnoloxías da Información e da Comunicación e Tecnoloxía asistiu ao coloquio mediante multiconferencia web na que participaban catro profesionais galegas que traballan a diario coas novas tecnoloxías: Mariamo Mussa Juane, Esther Medina, Alba Meijide e Carmela Troncoso. A actividade resultou de moito interese para o alumnado participante xa que traballouse previamente sobre posibles preguntas que o alumnado estaba interesado en realizar ás relatoras.