O alumnado do Club de Ciencia deseñou e programou un “Asesor de reciclaxe” utilizando a aplicación de Intelixencia Artificial “Teachable Machine” e posteriormente a aplicación App Inventor.
En primeiro lugar coa aplicación Teachable Machine introducimos as imaxes dos posibles obxetos que deberiamos introducir nos diferentes contenedores amarelo, azul, marrón, vermello ou gris.
Posteriormente preparamos o modelo e o exportamos obtendo o enlace necesario para vincular a información á aplicación App Inventor.
En segundo lugar con App Inventor deseñamos a aplicación que posteriormente probamos co noso teléfono móvil.
A aplicación deseñada tiña dúas pantallas:
Para a primeira pantalla denominada “Screen 1” deseñamos diferentes opcións:
Tras obter os deseños, programámola no apartado dos bloques. O programa é o seguinte:
A segunda pantalla denominámola asesor e deseñámola como se mostra na imaxe.
Tras realizar o deseño, programámola e comprobamos o seu correcto funcionamento.
Nesta primeira versión da aplicación ao premer o botón clasificar realízase unha imaxe ao obxeto e obtense no apartado de Resultado o contenedor onde debe depositarse, sendo o de maior porcentaxe o que debe ser elexido.