O Club de Código pretende ser un espazo aberto onde os nenos e as nenas se agrupan por nivel e madurez e onde se busca sobre todo estimular a súa creatividade e a súa capacidade para resolver problemas e comunicar ideas.
Con esta actividade queremos resaltar a importancia de aprender facendo e ensinado entre "iguais". O alumnado aprende CON e DE outros compañeiros/as os fundamentos da linguaxe de programación. Dun xeito sinxelo, divertido e visual tratarán de chegar a consecución de mini retos, retos e super retos con ScratchJr, PBS ScratchJr, Hopscotch ou Scratch. Revestimos estes retos con situacións que eles podan atopar desfiantes e entretidas.
Ainda que ao almnado lle mova máis que outra cousa o desexo de divertirse creando os seus propios video xogos, o que ao final adquire vai máis aló do mero entretemento porque cando lle estamos a dar a oportunidade de aprender a codificar, estamos a desenvolver a súa creatividade e tamén aprende a planificar e a organizar o seu traballo e as súas ideas.
O Club de Código é unha actividade libre e por suposto gratuita á que pode asistir todo o alumnado interesado.