Cadernos dixitais

PORTFOLIO DIXITAL DO ALUMNO/A

Cadernos dixitais interactivos e multimedia en Lingua Galega e Lingua Inglesa adaptados curricularmente para o 5º e 6º nivel de Educación Primaria.

Poden ser editados co programa DocHub, potente editor online gratuito que permite modificar arquivos en PDF. As modificacións son gardadas na nube e poden ser consultadas desde calquera dispositivo porque permite sincronización. Gmail, Google Drive e Dropbox están integrados para poder importar e exportar arquivos.

Un xeito rápido e sinxelo de editar e compartir os seus proxectos.