Os alumnos e alumnas de 3º e 4º fixemos este pequeno traballo de investigación sobre o noso Concello.
1º Buscamos información sobre lugares e monumentos interesantes de Fene (individualmente).
2º A continuación fixemos catro grupos e eleximos catro lugares entre todos os que tiñamos.
3º Cada grupo seleccionou a información sobre o lugar elexido, e no ordenador, elaborou unha ficha informativa cunha imaxe.
4º Localizamos os lugares escollidos nun mapa e fixemos unha rota en "My maps".
5º No ordenador elaboramos un tríptico, con información dos lugares e nel puxemos a páxina web para ver o mapa e saber buscalos.