As nenas e nenos de 5º e 6º andamos a traballar neste proxecto sobre o noso concello, Fene. Un concello non moi grande pero cheo de xente interesante.
O noso concello pertence á comarca de Ferrolterra, e está situado á beira do mar. Por unha banda á beira da ría que forma o río Xubia, e pola outra, á que forma a desembocadura do río Eume.
Clica aquí para ver o mapa.
Para ser un concello non moi grande, hai unha cantidade importante de xente que nasceu ou vivíu aquí unha parte importante da súa vida e fixeron ou fan cousas ben interesantes. E queremos que os amigos e amigas da Mica saiban destas persoas
Aquí podedes ver un vídeo sobre algunha desa xente ben interesante do noso concello.
Clica abaixo para ver o vídeo.