Os nenos e nenas de 5º e 6º da clase de Relixión queremos amosarlle a todos eses gatiños chegados de lonxe as igrexas das nosas parroquias.
Como Fene é un Concello ben interesante, Maniños e Limodre tamén o son, e en en ámbolos dous sitios temos as igrexas por duplicado: unha vella e unha nova. Sabiadelo?
Para buscar información sobre elas, preguntamos nas nosas familias, buscamos en libros e tamén en Internet.
Con este proxecto conseguimos:
Identificar o templo ou igrexa como o lugar onde se reúnen os cristiáns
Respectar os templos como lugares sagrados
Coñecer as igrexas das nosas parroquias
Recoñecer elementos arquitectónicos das igrexas
Valorar as manifestacións artísticas cristiáns
Valorar os os templos como elementos do patrimonio histórico e cultural propio.