Os alumnos de 1º e 2º curso de Educación Primaria do CEIP Os Casais fixemos un proxecto sobre os monumentos e lugares de interese do noso Concello, Fene. Cada un de nós, buscamos a información máis relevante de cada monumento, sacamos fotos con ditos monumentos e lugares de interese e para darlle un toque musical ao noso proxecto, coñecimos e aprendimos unha cantiga popular galega por cada monumento que traballamos. A continuación podedes ver unha mostra do noso proxecto, esperando que vos guste.
En primeiro lugar, estes somos nós...