Este curso o CEIP "Os Casais" foi testigo dun acontecemento do máis insólito. Moreas de gatos se achegaban ao Concello de Fene e ao noso cole para coñecelo e facer "gat-turismo". Os gatos e gatas son seres bastante rutinarios e a nosa bibliotecaria, Mica Bigotes, temía que se pasasen as vacacións en Fene tomando o sol, frotándose nas árbores, perseguindo bolboretas ou rascándose e limpándose (vamos, as cousas que fan os gatos...), perdéndose todo o o bo que podía ofrecerlles o Concello de Fene.
Por iso, lanzou unha proposta ao alumnado do CEIP "Os Casais", para que elaboraran unha pequena guía historico-cultural e turística. Neste espazo web, podedes atopar o resultado das súas pesquisas e duro traballo.
Os gatos seguirán rascándose, perseguindo bechos e tomando o sol, si. Pero polo menos que sexa en lugares de interese turístico!