Cantamos nós e rin as pedras!
O proxecto do curso 24-25 do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova titúlase este ano "Cantamos nós e rin as pedras!" e está adicado a música en galego.
Todo o centro educativo está implicado no proxecto. Por cursos o alumnado fará un listado da súa música favorita en lingua galega. Con toda esta música faremos listas de spotify ás que poderá acceder todo o alumnado a través de códigos QR que levarán estampados nas súas bolsas e estoxos.
A música tamén nos levará a colaborar coa Mancomunidade Terras de Celanova facendo con eles un programa de radio.
O alumnado, por cursos e grupos, foi propoñendo e escoitando música tradicional e tamén de todas as épocas feita en galego. A nosa música!
Por idades e preferencia fomos facendo listas de música para escoitar e fixemos en spotify listados para escoitar a nosa música. A partir das listas fixemos códigos QR para entrar nelas por medio dun enlace e ademáis estampámolas en bolsas para levalas sempre con nós.
Co código QR que levan as bolsas e estoxos podes entrar nas nosas listas de reprodución de spotify e escoitar as nosas cancións favoritas en galego!!!!!!
O lema elixido será estampado en bolsas e estoxos para todo o alumnado do centro .
Todos teremos a nosa bolsa ou estoxo para dispoñer do noso código QR e escoitar a música galega que máis nos gusta a todos.