PROXECTO CURSO 22-23. REDESCUBRINDO O COUTO MIXTO.

PROXECTO CURSO 2022-2023

 

                                 REDESCUBRINDO O COUTO MIXTO

ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO

Contorna:

O equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro, realizou un estudo sociolingüístico sobre o uso da lingua galega na nosa contorna constatando a progresiva  substitución lingüística do galego polo castelán e o desinterese ante esta situación.

Con todo cabe destacar que aínda hai un recuncho para a esperanza porque nos máis cativos o uso do galego aumenta. Cómpre destacar os seguintes puntos:

-          É receptiva a calquera proposta e colabora activamente no que o centro propón.

-          Ten  coñecemento deste proxecto e implícase nel.

 

Profesorado:

O claustro de profesores, exprésase a maioría en galego en todas as situacións académicas e extraescolares e o resto, aínda que habitualmente falan en castelán respectan e colaboran neste proxecto activamente.

 

Alumnado:

O alumnado relacionase maioritariamente en castelán na ESO, mentres en Infantil e Primaria diminúe o uso do castelán pasando a ser o galego a lingua de maior uso fóra da aula.

 

Situación lingüística do centro:

Obsérvase o uso da lingua galega nas actividades complementarias e actos que o centro organiza así como nas comunicacións internas e externas.

Maniféstase por parte do sector dos pais/nais o uso do castelán nas reunións que manteñen cos titores dos seus representados.

O persoal non docente comunícase sempre en galego.

 

 

 

INTRODUCIÓN :

Nun claustro do primeiro trimestre xurdiu a idea de crear un proxecto sobre o  Couto Mixto. Empezamos póndolle forma á idea reuníndose os equipos de linguas e historia. Enseguida  se chegou ó consenso de indagar co alumnado sobre o tema. Descubrimos que nada ou moi pouco se sabía sobre o tema, isto levounos a estructuralo partindo de cero.

Empezamos pola localización xeográfica para que o alumnado puidese descubrir unha realidade espazo-histórica preto da nosa zona.

Unha vez feita a localización seguimos co estudo sobre o Couto e para iso contamos coa inestimable axuda dunha experta no tema que nos impartiu unha charla telemática porque non se encontra en Galicia.

Tamén contamos coa axuda dun membro de “Amigos do Couto Mixto”, así como coa colaboración dun concellal de Baltar.

Isto foi  o punto de partida e a partir de aí comezou o desenrolo do proxecto.

 

Estruturamos o proxecto da seguinte forma:

1.- Infantil: colorearán nun mapa específico para a súa idade a zona do Couto Mixto.

2.- Primaria: cada curso descubrirá diferentes aspectos da vida dos habitantes “mixtos”  dacordo co seu nivel académico. Aprenderán a valorar a importancia de recuperar costumes esquecidos e de coñecer a peculiar forma de organizarse e gobernar esas aldeas políticamente.

3.- ESO: serán os responsables de recabar toda a información e plasmaranna nas redes a través das aplicacións informáticas : “Scratch” e “Capcut”  e de recrear teatralmente un “lío” entre os veciños para que todos poidamos ver como o solucionaban o “xuíz” e os “tres homes do acordo”. Representarémola en Santiago de Rubiás onda á Igrexa.

Unha vez realizado este traballo, elaboraremos un enlace  no que incluiremos toda a información e o proceso de elaboración.

Contaremos coa colaboración do ANPA,dos Concellos:de Calvos de Randín, de Baltar e de Celanova, do vecindario das tres aldeas do Couto Mixto  e tamén contamos coa Mancomunidade para dar a coñecer o proxecto.

O E.N.D.L  deste centro revisará e coordinará todo o proxecto.

 

 

 

 

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA E A CONTORNA

Contorna:

·         Dar a coñecer  e valorar a  riqueza  histórica desta zona.

·         Poñer en valor tradicións e costumes que se están perdendo.

·         Favorecer a capacidade de comunicación entre o alumnado e os informadores.

Profesorado:

·         Fomentar e reforzar o traballo en equipo.

·         Potenciar as capacidades de investigación dos alumnos.

·         Implantar o uso do galego no ámbito das TICS para recopilar datos e información relevante para o proxecto.

·         Implicar a toda a comunidade educativa no desenvolvemento do proxecto.

·         Axudar ó alumnado a crear enlaces para visualizar a información recollida.

Orientar ,seguir de cerca os traballos e correxir cando sexa preciso.

Alumnado:

·         Coñecer vocabulario específico da zona.

·         Fomentar e reforzar o traballo en equipo.

·         Potenciar as capacidades de investigación.

·         Comprender e valorar a riqueza histórico-cultural desta zona.

·         Implantar o uso do galego no ámbito das TICS para recopilar datos e información relevante para o proxecto.

·         Promover a capacidade de reflexionar e relacionar.

·         Potenciar a capacidade de imaxinación para poder escribiren a obra teatral.

·         Favorecer a capacidade de comunicación entre o alumnado e os informadores.

 

 

Centro:

·         Dar a coñecer os proxectos internos do centro.

·         Acercarse e familiarizarse cos lugares máis próximos.

·         Fomentar o uso do galego .

·         Traballar coas TICS .

·         Coñecer, valorar e dar visibilidade a esta zona tan próxima e descoñecida

·         Dar relevancia ós lugares visitados.

·         Dinamizar a comunicación entre a comunidade escolar e as entidades colaboradoras.

 

 

 

 

 

 

DESCRICIÓN DETALLADA DAS ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA PARA CADA UN DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS

Contorna:

·        Colaborarán nos traballos de investigación sobre o Couto Mixto.

·        Daranlle visualización ó proxecto oralmente.

·        Interpretarán o legado do Couto.

 

Profesorado:

·        Deseñar, instruír e organizar ao alumnado en grupos de traballo.

·        Establecer conexións entre os diferentes sectores do proxecto, incluídas as persoas as que fan de intermediarias para levar a cabo a conferencia virtual.

·        Facilitar todo tipo de material gráfico,visual e escrito ao alumnado.

·        Facer partícipe ao alumnado dos modos de vida, o sistema político e a organización que tiñan os habitantes do Couto Mixto.

 

Alumnado:

INFANTIL

·        No primeiro trimestre: familiarizáronse co proxecto coloreando os mapas da zona.

·        No segundo trimestre: colorearán fichas relacionadas cos monumentos artísticos da zona.

·        No terceiro trimestre: farán a visita ao Couto Mixto para coñecer a zona e veren a obra teatral.

 

 

PRIMARIA:

·         No primeiro trimestre: recibiron información sobre o proxecto e empezaron a recabar información  xeral sobre a zona.

·         No segundo trimestre: traballarán na procura de información sobre aspectos concretos do día a día dos habitantes da zona.

·         No terceiro trimestre: pasarán a información recadada ao alumnado da ESO. Farán a visita cultural ao Couto Mixto para veren a obra teatral e para coñeceren a zona “in situ”.

ESO :

·         No primeiro trimestre: recopilaron información oral(foron falar con veciños do Couto) e escrita sobre o proxecto.

·         No segundo trimestre: plasmarán a través das aplicacións informáticas “Scratch” e “Capcut”  a información que foron recabando; empezarán a crear o texto teatral.

·         No terceiro trimestre: serán os encargados de subir ás redes todos os traballos realizados, representarán a obra teatral en Santiago de Rubiás ao mesmo tempo que fan a visita cultural para a zona.

 

 

 

Centro

·        Exposición pública de todos os traballos.

·        Divulgar por medios audiovisuais a realización das diferentes etapas do traballo e colgalas nas Redes Sociais.

·        Organizar, coordinar e poñer a data para levar a cabo a visita cultural e teatral ao Couto.

 

NIVEIS DE IMPLICACIÓN

Todo o profesorado e alumnado do Centro participan no Proxecto e a ANPA colabora nas actividades propostas, así mesmo os Concellos de Celanova, Baltar e Calvos de Randín; os veciños de Rubiás, Meaus e Santiago de Rubiás; a Mancomunidade Terra de Celanova e os colaboradores expertos no tema que nos orientaron para levar a cabo este proxecto.

ORGANIZACIÓN

A idea parte do primeiro Claustro do curso e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e os departamentos de Historia e Linguas asumen o proxecto  involucrando a todos os ciclos e niveis.

A organización básica formúlase como unha actividade dependente de todos os departamentos e equipos de ciclo, tendo repercusión en todas as áreas do Currículo.

Toda a comunidade educativa participa no proxecto.

Creouse unha comisión reguladora do proxecto integrada por:

As principais funcións desta comisión son:

TEMPORALIZACIÓN

Estímase que a total realización do proxecto dure un  curso desexando que teña boa acollida e participación.

O coordinador:                                  Visto e prace o/a director/a do centro:  

Elisa Mosquera Seoane.               María Begonia González Guerrero.


CONFERENCIA A CARGO DE CONSUELO CASTRO REY, AVOGADA XERAL DO ESTADO E ESPECIALISTA NO COUTO MIXTO. 10/02/2023

O venres día 10 de febreiro de 2023 recibimos a visita de Consuelo Castro Rey, actual Avogada Xeral do Estado, e especialista na historia do Couto Mixto. 

VISITAMOS O COUTO MIXTO. 15/05/2023

O luns día 15 de maio de 2023 visitamos o Couto Mixto.  Saímos cedo dende Celanova e dirixímonos primeiro á parroquia de Santiago de Rubiás, alí fomos recibidos por unha persoa do concello que nos guiou na visita.  Coñecemos a igrexa e, no seu interior puidemos ver a arca, despois dirixímonos ao centro de interpretación do Couto Mixto.

Ao rematar esta visita o alumnado de 2º da ESO fixo unha pequena representación ambientada no Couto Mixto.  A continuación percorremos o camiño privilexiado ata Rubiás e volvemos para facer un xantar campestre. 

Chegada á Santiago de Rubiás.

Preparados para a representación teatral.

Visita á igrexa de Santiago.

Camiño Privilexiado.