O LEGADO DA COVID NA LINGUA GALEGA
Este ano co proxecto “O legado da covid na lingua galega”, pretendemos impartir coñecementos sobre a pandemia da COVID-19: a súa orixe, transmisión, causas, sintomatoloxía, efectos secundarios, e sobre todo o vocabulario novo adquirido tras esta nova enfermidade.
Para iso a través dos tres trimestres tratáronse de impartir coñecementos sobre este proxecto atendendo ás idades e ao nivel dos alumnos/as.
Despois de recibir a información sobre o proxecto os alumnos/as de todo centro, en colaboración co Anpa elaboraron os diferentes traballos dos que damos unha pequena mostra acompañando unhas fotografías: un panel cos diferentes virus, unhas mochilas para gardar o material e información, unha web quest que elaboraron os maiores sobre a Covid 19, un glosario sobre todas as palabras novas que se introduciron na RAG desde a aparición da pandemia do coronavirus e máis actividades que iremos mostrando.
Realizáronse todas as actividades propostas e podemos decir que se cumpriron os obxectivos propostos, e continuaremos en vindeiros cursos con novos proxectos fomentando o uso da nosa lingua.