As Tics nas fontes de Celanova.
Este proxecto específico do departamento de Dinamización da Lingua Galega comeza a súa andaina o curso 2016/2017 e continúa no curso 2017/2018.
O estudo profundiza no coñecemento das fontes en Celanova: catalogación, documentación fotográfica, recreación en maquetas e deseños a escala feitos polos alumnos, recolleita de historias, lendas e anécdotas ao redor das fontes, activación de códigos QR para a súa identificación...
Este curso 2017/2018 os alumnos seguen a traballar sobre as fontes, mellorando a documentación e ampliando os seus traballos.