viernes 14 de enero de 2011
Esta é unha guía para por a funcionar o DNIe en sistemas baseados en Ubuntu. En concreto probeino en Galinux 9.10 e Trisquel Awen 3.5 (ambos baseados en Ubuntu 9.10 Karmic Koala de 32bits).
A maioría dos tutoriales que encontrei son de cando non existía software DNIe para Karmic e tíñase que empregar o software de Jaunty Jakalope. Agora xa hai software para Karmic, pero non o probei.
Básicamente hai que dar tres pasos:
- Instalar o software do lector
- Instalar o software do DNI Electrónico
- Configurar o navegador Web Mozilla Firefox (ou baseado nel)
Paso1
Instalamos por este orden:
- libopensc2_0.11.7-7_i386.deb
- opensc_0.11.7-7_i386.deb
Estes paquetes están en http://www.dnielectronico.es/descargas/PKCS11_para_Sistemas_Unix/1.4.6.Ubuntu_Jaunty_32/Ubuntu_Jaunty_opensc-dnie_1.4.6-2_i386.deb.tar
Agora hai que indicar ó Synaptic que bloquee estes paquetes para que non se actualicen, senon deixará de funcionar.
Paso2
Instalamos:
- opensc-dnie_1.4.6-2_i386.deb
Este paquete tamén está en http://www.dnielectronico.es/descargas/PKCS11_para_Sistemas_Unix/1.4.6.Ubuntu_Jaunty_32/Ubuntu_Jaunty_opensc-dnie_1.4.6-2_i386.deb.tar
Nota: nun dos sistemas tiven que engadir os seguintes paquetes para que funcionara todo:
- pcscd
- pcsc-tools (creo que esto solo é necesario se queremos usar o comando de consola '
pcsc_scan
' para verificar o funcionamento do lector)
Agora podemos facer unhas comprobacións executando nunha consola 'pcsc_scan
':
- conectamos o lector ó PC e debe aparecer a súa identificación na consola
- introducimos o DNIe no lector e debe aparecer a súa identificación na consola
Paso3
- Executamos 'Aplicacións > Ofimática > Rexistrar módulo DNIe PKCS#11'.
- Comprobamos que se instalou o certificado no navegador Web en 'Editar > Preferencias > Opcións avanzadas > Cifrado > Ver certificados > Autoridares > DIRECCION GENERAL DE LA POLICIA'.
- Instalamos o dispositivo de seguridad no navegador Web en 'Editar > Preferencias > Opcións avanzadas > Cifrado > Dispositivos de seguranza > Cargar'. Indicamos como nome "DNIe PKCS#11", e como ruta '/usr/lib/opensc-pkcs11.so'.
- Reiniciamos o navegador Web e volvemos a 'Dispositivos de seguranza' para comprobar que agora un dos 'Virtual Slot' aparece como 'DNI electrónico (PIN1)' ó meter o DNIe no lector. Se pinchamos nel pediranos o PIN que nos entregaron na policía.
- Agora xa podemos usar o DNIe para identificarnos nas Web que o implementen. Esta páxina é so para verificar que a identificación co navegador Web funciona: http://www.dnielectronico.es/como_utilizar_el_dnie/verificar.html
Tutoriais:
- http://nauj27.com/blog/2009/11/17/dnie-en-ubuntu-9-10-karmic-koala/
- http://bitelia.com/2009/12/como-instalar-un-lector-de-dnie-en-ubuntu-9-10
- http://monkiki.wordpress.com/2010/02/09/instalacion-y-uso-del-dni-electronico-en-ubuntu/
- http://www.agnix.org/?q=node/2493
Utilidades:
- http://www.dnielectronico.es/descargas/PKCS11_para_Sistemas_Unix/cambio_pin.html
- http://www.dnielectronico.es/servicios_disponibles/index.html
- https://censoelectoral.ine.es/
Ir a la página principal