A MÚSICA NO CEIP de CELEIRO-VIVEIRO (LUGO)
Co Renacemento dá comezo a Idade Moderna. É un período que abarca os séculos XV e XVI, cronoloxicamente sitúase entre a Idade Media e o Barroco. É unha etapa curta, pero das máis importantes dentro do mundo cultural e artístico. Nesta época danse cita personaxes da talla de Miguel Ángel, Leonardo Da Vinci, Rafael, O Greco, Cervantes, Shakespeare... que desenvolverán a cultura e a arte como nunca antes ocorrera.
No ámbito cultural un dos ideais que van triunfar neste período é o do Humanismo, que considera ao home como o centro de todas as cousas, deixando atrás as ideas teocentristas do medievo.
Algunhas das características culturais desta etapa son:
CONTEXTO MUSICAL:
Dentro do ámbito da música daranse as seguintes características:
Incremento da cultura musical, que vén establecido polas ideas humanistas sobre a importancia da cultura, ademais da invención da imprenta, xa que agora empézanse a imprimir as primeiras partituras.
Desenvolvemento da música profana e instrumental, tamén influídos polo espírito humanista. Cada vez créase máis música de carácter non relixioso e en detrimento da música sacra. Lembremos que a igrexa menosprezara a música instrumental, e esta agora experimentará un gran desenvolvemento.
Profesionalización dos músicos: a música segue crecendo en complexidade, como xa o facía nos últimos séculos da Idade Media. Isto obriga aos músicos a especializarse e a dedicar a súa vida a esta arte.
MÚSICA PROFANA
As obras de arte deixan de concibirse como encomio (alabanza) a Deus, os artistas buscan como fin a beleza e o pracer dos sentidos nas súas obras.
O nacemento da imprenta, permitirá un maior desenvolvemento da cultura en todos os seus ámbitos.
O concepto de autor deixa atrás ao artesán anónimo da Idade Media para falar a partir de agora de artistas que asinan as súas obras.
Volta aos ideais clásicos: o período da Idade Media é visto polos renacentistas como unha época escura e sen interese artístico, por tanto, van desprezar a arte dese período para tomar como referencia a arte clásica de Grecia e Roma.
MÚSICA SACRA
PÁXINA REALIZADA POR MARTA PÉREZ LAGE, profesora de EDUCACIÓN MUSICAL