A MÚSICA NO CEIP de CELEIRO-VIVEIRO (LUGO)
Na prehistoria aparece a música nos rituais de caza ou de guerra e nas festas onde, ao redor do lume, danzábase ata o esgotamento. A música está baseada principalmente en ritmos e movementos que imitan aos animais. As manifestacións musicais do home consisten na exteriorización dos seus sentimentos a través do son emanado da súa propia voz
e co fin de distinguilo do fala que utiliza para comunicarse con outros seres.
Os primeiros instrumentos foron obxectos, utensilios ou o mesmo corpo do home que podían producir sons. Estes instrumentos podemos clasificalos en:
a) Autófonos: aqueles que producen sons por medio da materia coa que están construídos. Son instrumentos de percusión; por exemplo, óso contra pedra.
b) Membranófonos: serie de instrumentos máis sinxelos que os construídos polo home. Tambores: feitos cunha membrana tirante, sobre unha noz de coco, un recipiente calquera ou unha verdadeira e auténtica caixa de resonancia.
c) Cordófonos: son aqueles de corda; por exemplo, o arpa.
d) Aerófonos: o son orixínase neles por vibracións dunha columna de aire. Un dos primeiros instrumentos é a frauta, nun principio construída cun óso con buracos.
PÁXINA REALIZADA POR MARTA PÉREZ LAGE, profesora de EDUCACIÓN MUSICAL