A MÚSICA NO CEIP de CELEIRO-VIVEIRO (LUGO)
A Idade Media é un período moi longo que se estende desde o século V ata o século XV. Esta etapa está encadrada entre A Antigüidade e O Renacemento. Hai dous feitos que os historiadores marcan como o inicio e o fin da Idade Media, que son a Caída do Imperio Romano no ano 476 e o Descubrimento de América en 1492.
Divídese en dúas etapas:
A Alta Idade Media: (séculos V a X). É unha época de pobreza, chea de guerras e enfermidades, na que a sociedade sofre constantes epidemias como a da peste negra que arrasarán toda Europa.
A Baixa Idade Media: (séculos XI ao XV). Época de gran prosperidade económica, política e tamén cultural. É a época do feudalismo, na que o rei concede poder a algúns nobres que se converten en terratenentes e que en ocasións chegarán a ter máis poder que o propio monarca. Aquí desenvolveranse os estilos artísticos máis importantes deste período, que son o Románico (S. XI) e o Gótico (S. XIII) cos que chegaremos á gran revolución musical da época: O nacemento da polifonía.
O canto gregoriano é un canto litúrxico da Igrexa católica. É utilizado como expresión e mensaxe dentro do culto e así mesmo como medio de expresión relixiosa.
As principais características xerais deste estilo musical son as seguintes: normalmente son obras de autor descoñecido, son cantadas só por homes, monódicas cantadas a capella sen ornamentos instrumentais, son obras escritas en latín culto, o ritmo é libre, o ámbito da súa interpretación é reducido a poucas persoas, ten forma de diálogo oratorio de rezos e por iso son cantos austeros. Poden ser himnos, salmos, cánticos de encomio, etc.
A finais do século XI aparece na música occidental a polifonía (varias voces que soan á vez realizando melodías distintas). Este feito marcará o desenvolvemento da música a partir dese momento. No desenvolvemento da polifonía distínguense tres períodos:
POLIFONÍA PRIMITIVA, ARS ANTIQUA, ARS NOVA
Os cambios na forma de escribir a música van ser notables.
PÁXINA REALIZADA POR MARTA PÉREZ LAGE, profesora de EDUCACIÓN MUSICAL