A MÚSICA NO CEIP de CELEIRO-VIVEIRO (LUGO)
Coñécese co nome de Barroco ao período que vai desde 1600 ata 1750. Está encadrado entre o Renacemento e o Clasicismo. Os feitos musicais que encadran esta etapa son a creación da primeira ópera "Orfeo" do italiano Claudio Monteverdi (1607) e a morte de Johann Sebastian Bach(1750), que será o xenio indiscutible desta época.
CONTEXTO HISTÓRICO
As monarquías absolutas dominan o panorama político dunha Europa que está sumida en continuas loitas políticas e guerras. O poder segue estando en mans da aristocracia e da Igrexa que queren mostrar a súa autoridade organizando grandes espectáculos nos que a música sempre estará presente. Convértense, para iso, en mecenas dos mellores artistas, os cales traballarán nas súas grandes cortes e palacios.
CONTEXTO CULTURAL
O Barroco é unha época de gran fecundidade para o mundo da cultura, a arte e a ciencia. Nesta época daranse cita personaxes importantes no mundo da literatura como Lope de Veiga, Calderón, Cornielle ou Moliere; na pintura contaremos con artistas como Velázquez, Murillo, Rubens ou Rembrant; ademais de destacar científicos como Galileo Galilei, Torricelli ou Newton.
A palabra Barroco significa recargado, excesivo ou adornado, polo que é común atopar obras de arte nas que non queda nin un espazo que encher.
O home barroco non persegue a beleza, tal e como se fixo no Renacemento, senón que fundamenta o seu pensamento ao redor de dous aspectos opostos: a RAZÓN e o SENTIMENTO. A razón despois de que tentan buscar a lóxica e o lado científico de todo. O sentimento do ser humano que se fará evidente en todos os campos.
CONTEXTO MUSICAL
Este pensamento barroco (razón-sentimento) vaise facer moi patente no panorama musical. Así pois, neste período búscase unha codificación de todos os parámetros musicais (ritmo, tonalidade,...) como forma de ordenar e racionalizar a música. Isto podémolo constatar na seguinte frase de J. P. Rameau (considerado o fundador da moderna harmonía):
"...a música é unha ciencia que debe dispoñer dunhas regras ben establecidas; ditas regras deben derivar dun principio evidente, principio que non pode revelarse sen axuda das matemáticas...."
Pero ademais, van crear novas técnicas para poder expresar da mellor maneira posible os sentimentos (monodia acompañada, contrastes tímbricos, uso de dinámicas,...). A ópera será o xénero que máis desenvolva a expresión dos sentimentos.
GRANDES COMPOSITORES:
BACH, Johann Sebastian
Seis conciertos de Brandenburgo - 1721
El clave bien temperado (libro I) - 1722
Pasión según San Mateo - 1729
Misa en si menor - 1733 a 1738
HAENDEL, Georg F.
La resurrección (oratorio) - 1708Rinaldo (ópera) - 1710
Música acuática (orquesta) - 1717
Radamisto (ópera) - 1720
Julio César (ópera) - 1724
Orlando (ópera) - 1733
Seis Concerti Grossi Op. 3 - 173
El Mesías (oratorio) - 1741
Música para los reales fuegos artificiales (orquesta) - 1749
VIVALDI, Antonio
La Stravaganza (doce concertos para violín, arcos e baixo continuo)- 1713La veritá in cimento (ópera) - 1720
Concierto para flauta nº 2 en sol menor - 1724
Il cimento dell' armonia e dell' invenzione (inclue as catro estaciÓns) - 1725
PÁXINA REALIZADA POR MARTA PÉREZ LAGE, profesora de EDUCACIÓN MUSICAL