Escola de Pintores

Este curso, o tema do noso Proxecto Documental é a pintura e os pintores.

Os libros e os cadros teñen moito en común: son constructores de historias, reflexos da realidade ou imaxes da fantasía.

Os cadros son como os libros, so que están escritos con signos completamente distintos ás palabras. Pero cando nos poñemos diante dun cadro e "lemos" as imaxes (ou deixamos que alguén as "lea" para nós ), a historia que contan faise presente e podemos mergullarnos nela como se dun libro se tratase. Podemos dicir que son auténticos conta-contos.

Pretendemos con este proxecto que @s alumn@s realicen actividades de todo tipo que lles axuden a adquirir coñecementos, buscar información, coñecer a historia da arte ...

Queremos que disfruten da lectura de diversos documentos, libros de ficción e libros informativos, reportaxes , noticias de prensa ... relacionadas co tema que nos ocupa.

Tamén terán que localizar información empregando diferentes fontes, terán que investigar, comparar distintas visións, e plasmar a súa creatividade a través de distintas técnicas pictóricas.