Tarefas

Damos inicio a unha viaje que queremos que conduza aos nos@s alumn@s á fascinación pola pintura, á fascinación por esas "grandes" obras de arte que alguén decidiu que merecen ser colgadas nas salas dos museos.

Queremos ensinarlles a mirar as imaxes e que cada un experimente unha reacción persoal propia.

@s nen@s non teñen esquemas preconcebidos. Para el@s un cadro non é nin bo nin malo. Un cadro esperta a súa imaxinación e permítelles crear historias ou descubrir as que nel se agochan.

Queremos empregar ese gusto polas imaxes que tod@s @s nen@s teñen, para ensinarlles a usalo tamén coas obras maestras, axudándolles a miralas intentando descubrir as historias que nelas se esconden e plasmando o que lles provocan

Comezamos conversando sobre o que sabemos sobre a arte.

Que é a arte?