As nosas produccións

Bibliotecas e cadros

Pensades que unha biblioteca pode ser o tema dun cadro?

Credes que haberá pintores que representen (ou representaron) este tema nos seu cadros ?

Pois si... as bibliotecas foron e seguen sendo motivo de inspiración para os artistas

Moitos pintores, de todos os estilos pictóricos, debuxaron coas súas pinceladas bibliotecas reais ou imaxinarias, mostrando nos seus lenzos a súa visión destes lugares.

Para algúns semellan ser o paraíso da imaxinación e da fantasía, para outros o paraíso do saber, para os de mais alá o paraíso do entretemento...

E vós, como vedes a biblioteca?

Que imaxe tendes dela?

Que é para vós?

Mirade estes cadros que seleccionei para vós. A ver que vos parecen. Ao rematar, respondende a estas preguntas:

En que biblioteca credes que estarán gardados os vosos libros favoritos?

Cal é a biblioteca que mais vos gustou?

Samaín de cadro

O medo é unha emoción que se caracteriza por un sentimento desagradable ante algo que nos asusta ou cremos que nos pode facer dano. O medo, a morte, e os seres maléficos son temas que foron representados por artistas de todos os tempos e de todas as correntes pictóricas , empregando diferentes técnicas.

Seguindo co noso proxecto anual, fixemos unha busca por varios museos e galerías de arte e atopamos todos estes cadros que representan o medo e as figuras nos que este se manifesta: bruxas, demos ...

  • AS MULLERES TAMÉN PINTAN

http://bloguesquio.blogspot.com.es/2015/03/as-mulleres-tamen-pintan.html