1. Galeria de autorretratos

O autorretrato

Por medio da pintura podemos saber cómo foron os rostros dos personaxes importantes doutras épocas (reis, emperadores, papas, etc.), retratados e inmortalizados pola habilidade dos mestres pintores, que tamén disfrutaban pintándose a sí mesmos.

Pero outra das funcións da arte é contar cómo somos. Verse nun espello e la maneira máis rápida de autorretratarse, pero outras veces os pintores retratanse segundo como "se pensan" a sí mesmos ou cómo se recordan.

- Conversamos:

- Que é un autorretrato?

- Onde e como podemos vernos a nós mesmos? No espello, nunha foto, unha cámara web ...

- Como podemos representarnos a nós mesmos? Debuxándonos, fotografiándonos, contando a nosa vida ...

Empregamos a seguinte presentación para comentar os autorretratos dos pintores elixidos por cada clase:

Debuxámonos ...

Algúns autorretratos son realistas, case parecen fotografías; outros non.

Pedimos aos nenos e nenas que se debuxasen tal e como eles se ven a si mesmos.

  • OBXECTIVOS

- Propiciar a construción da propia imaxe

- Estimular sentimentos de aceptación e autoestima

- Promover as múltiples representacións da subxectividade

Nesta presentación recollemos o proceso de creación dos autorretratos de cada clase:

Galería de autorretratos

Aula Miró. 1º EP