IV CONCURSO ROSALÍA SEMPRE VIVA

No noso colexio xa levamos a cabo a fase de selección dos participantes para a fase final da IV edición do concurso que convoca a Casa-Museo Manuel María

Na primeira categoría concursarán:

  • Sara Asmerón Fernández de 3º curso

  • Lucas Fernández Sierra de 3º curso

Na segunda categóría concursarán:

  • Pedro Gil Fernández de 4º curso

  • Inés Cachón Oulego de 6º curso

VÍDEO DO CONCURSO

FASE FINAL

a) A fase final celebrarase na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei – Lugo) o sábado 10 de marzo.

b) O concurso consistirá no recitado dun único poema por cada participante escollido libremente entre a obra en galego de Rosalía ou a de Manuel María.

Desexámoslles que pasen un día estupendo en compañía doutros nenos e nenas de diferentes colexios, que o disfruten e estamos seguros que o van facer moi ben. Moita sorte aos catro!!!