Este curso participamos no Concurso que convoca a

FUNDACIÓN MANUEL MARÍA

CONCURSO "ROSALÍA SEMPRE VIVA"

FINAL DO CONCURSO

"ROSALÍA SEMPRE VIVA"

O sábado, 21 de febreiro en Outeiro de Rei, na Casa Museo Manuel María, celebrouse a final do Concurso e representando ao noso colexio participaron os seguintes alumnos/as,

de 2º curso:

  • Pablo Gómez Prieto

  • Brais Álvarez Cociña

  • Pablo Anido Polo

  • Candela Villarmea Penabad

de 3º curso:

  • Inés Alonso Otero

de 4º curso:

  • Iago Leal Méndez

O acto comeza ás 17:00 horas e participarán un total de 76 alumnos/as.

Máis información na seguinte presentación

A Casa-Museo Manuel María quíxose sumar ás celebracións polo DÍA DE ROSALÍA homenaxeando a nosa autora máis universal coa convocatoria, por vez primeira, dun concurso escolar de recitado de poesía rosaliana que estivo dirixido a todo o alumnado do ensino non universitario. 76 estudantes chegados de toda Galicia, de 5 a 18 anos, chegaron á Fase Final do concurso, logo de seren seleccionados na fase previa celebrada nos centros. O xurado, que estivo formado por Paco Martín, Marica Campo e Anxo G. Refoxo, resolveu premiar a: - Grupo de 1º de Primaria do CPI de Xanceda (Mesía), gañadores na 1ª Categoría polo seu recitado de Vente, rapasa.

- Irea Ferreiro López, do CEIP Virxe do Corpiño (Begonte), gañadora na 2ª Categoría polo seu recitado de A xustiza pola man.

- Fátima Barros Monteagudo, do CPI Santa Lucía (Moraña), gañadora na 3ª Categoría polo seu recitado de Ca pena ó lombo.

-Alejandro Sánchez Cela, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, gañador na 4ª Categoría polo seu recitado de Silencio.

Tamén se lle concedeu un premio especial ao CEIP de Albeiros (Lugo) por ser o que máis participantes conseguiu situar na Fase Final.

Os participantes do CEIP Antonio Pedrosa Latas: Pablo Gómez, Pablo Anido, Brais Álvarez, Candela Villarmea, Inés Alonso e Iago Leal, fixéronno moi ben e aínda que se puxeron un pouco nervosos, non se esqueceron dos poemas e todos quedamos moi contentos coa súa actuación.

NORABOA!!!