Rosalía de Castro (curso 16-17)

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/upload/novidades/128/rosalia-sempre-viva-fondo-de-pantalla.jpg

O luns, 13 de febreiro fixemos no colexio a selección dos participantes no concurso, foron moitos os nenos e nenas que se presentaron e foi moi difícil a selección, quedando finalistas:

  • Grupo de 2º curso: Sara Asmerón, Diego Fernández, Lucas Fernández, Yeray López e Hugo Rey.

  • Alumna de 5º curso: Daniela Escudeiro.

O sábado, 18 de marzo, celebrouse a fase final en Outeiro de Rei, na Casa Museo do poeta Manuel María

O lema da proposta #RosalíaTe desenvolverase a través de actividades que permitan a cada alumna ou alumno converterse na Rosalía de Castro da que se sinta máis próxima/o. Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa das súa obra, propoñemos para o venres 17 de febreiro que cada alumna/o elabore unha máscara de Rosalía de Castro. Esta “transformación” tamén pode conseguirse cun traballo de caracterización física da cara.

Esta iniciativa pretende, ademais, que unha vez feito este traballo, o alumnado o comparta coa súa familia e, particularmente, cos seus maiores (sexan familiares, veciñas e veciños…). Para isto faríanse fotos do alumnado caracterizado de Rosalía acompañado das súas persoas maiores, portando entre ambos un pequeno cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno.

Vídeo conmemorativo

AS NOSAS ACTIVIDADES:

  • Neste outro vídeo os nenos e nenas de infantil participando no ROSALÍA-TE

Outra proposta foi a través da colaboración co Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro. Nesta actividade os comercios exhibiron carteis con poemas de Rosalía:

Participamos na proposta que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove para este venres, 17 de febreiro: Rosalía Te.

  • Caracterizámonos de Rosalía e marchamos cara á Praza do Chao onde lemos e cantamos poemas de Rosalía.

  • No seguinte vídeo podemos ver un resumo do acto: