Post date: Sep 30, 2020 11:00:00 AM
A ANPA do CEIP Vistahermosa xestiona o servizo de comedor e acollida temperá.
A empresa seleccionada para prestar o servizo é Antonio Gallego Cid S.L., que dende o mes de Setembro e ata o mes de Xuño ofrece os servizos de almorzo saudable, acollida temperá e comedor.
PREZOS:
PREZOS XERAIS
PREZOS PARA FAMILIAS SOCIAS DA ANPA
Menú Diario:
O menú diario de comedor consistirá en 2 pratos, postre e pan, mentres que o almorzo consistirá en leite con cacao, pan, manteiga, marmelada, marmelo, queixo, xamón, cereais, galletas, froita, zume, iogurt,...
O menú mensual será publicado pola ANPA nas redes sociais e no taboleiro do colexio.
Usuarios esporádicos:
Para a utilización do servizo esporádico é necesaria a compra do bono correspondente que deberá ser consumido no mesmo día da súa compra e que estará a súa disposición nas dependencias do comedor.
Inscrición:
Para formalizar a inscrición será necesario entregar nos locais do comedor o formulario de domiciliación cumplimentado. Os usuarios que comecen no mes de setembro deberán entregar o formulario antes do último día lectivo do curso anterior (excepto o alumnado de novo ingreso que deberá entregar o formulario xunto coa matrícula).
Tódolos usuarios deberán ter cumprimentada e asinada a reserva de praza facilitada pola empresa adxudicataria do servizo, que estará a disposición na conserxería do centro e no propio comedor.
Prorrateo do custo do servizo:
O custo do servizo será igual os 10 meses do curso escolar. No prorrateo do custo do servizo inclúese o mes de Setembro e de Xuño.
Só os nenos de 4º de infantil, en período de adaptación, teñen a opción, só no mes de setembro, de pagar os días que queden no servizo de comedor, como usuario esporádico.
Tódolos usuarios teñen a opción de pagar, ao comezo do servizo, o custo do servizo completo (10 meses).
Forma de pago:
O pago do servizo será por adiantado e farase mediante domiciliación bancaria entre os días 1 e 10 de cada mes á empresa Antonio Gallego Cid, S.L. En caso de devolución de recibos, cobraraselle os usuarios a cantidade de 6,00 €.
As familias que soliciten bolsa do Concello e desexen asistir ao comedor antes da publicación das listaxes definitivas terán que aboar o servizo do mesmo xeito que as persoas usuarias habituais. Se con posterioridade lle concedida a bolsa procederase á devolución da totalidade das cantidades satisfeitas.
Impagos:
O impago dun recibo significará a baixa automática do servizo do que se sexa usuario ao mes seguinte, de non ter recibido xustificante de pagamento do mesmo.
Baixa do servizo:
As baixas ou modificacións deberán ser notificadas a persoa responsable do comedor antes do día 25 do mes anterior. De non ser así, deberáse aboar toda a mensualidade.
A baixa ocasionará a pérdida da praza. Só non se perde a praza nos casos de prescripción médica (máximo 2 meses de ausencia).
As Baixas no servizo de COMEDOR sin causa xustificada terán un recargo no mes que se volvan dar de alta de 50,00€, que se cargarán xunto co recibo do mes que corresponda, do mesmo xeito a baixa de usuarios/as no mes de xuño conlevará un pago de 50,00€ en concepto de regularización.
(Existen a súa disposición impresos de baixa / modificación nas dependencias do comedor)
Dietas específicas:
En caso de dieta médica específica, deberán cubrir a ficha de dietas e remitir informe facultativo.
Subvencións:
Os abonos das subvencións acadadas pola ANPA, poderán ser aboadas no nº de conta, en pagaré nominativo a nome da persoa solicitante do servizo, (o cal será o mesmo que o titular da conta de cargo), ou descontado prorrateadamente no recibo de cada mes (durante o curso dende que sexa concedida a subvención)
Coñecemento do regulamento:
Tódolos usuarios ( nais, país ou titores legais) deberán ser coñecedores do regulamento interno do comedor que é de obrigado cumprimento.
CONTACTO:
Ante calquera dúbida que se puidese plantexar chamar ao teléfono da empresa 615 501 951 en horario de 09:00h a 15:00h.