O fútbol é unha actividade extraescolar que reporta innumerables beneficios para nenas e nenas que a practican.
En primeiro lugar, trátase dun deporte que conleva unha importante actividade física tan necesaria nas idades ás que vai dirixida a actividade, pero ademáis, ao xogarse cunha pelota, axuda a desenvolver unha serie de capacidades como o equilibrio, e a coordinación, a visión espacial e periférica, a velocidade de reacción,...
Pero, ante todo, o fútbol é un deporte de equipo, no que se fomenta a capacidade de liderado e divídense as responsabilidades entre as xogadoras e xogadores, sendo máis importante coordinarse coa compañeira ou compañeiro que as habilidades individuais, o que repercute no desenvolvemento da empatía e a socialización.
OBXECTIVOS
- Os obxectivos desta actividade poden resumirse en:
- Diversión ante todo.
- Exercicio físico como actividade saudable.
- Desenvolver capacidades motrices.
- Entender os valores fundamentais do deporte: xogo limpo, solidaridade, o equipo como medio para conseguir un fin, compañeirismo, respecto, tolerancia...
- Ademáis, é un obxectivo prioritario desta actividade rematar cos prexuizos de xénero que rodean a tantos deportes, pero ao fútbol especialmente. Neste sentido na cidade de Ourense contamos con dous equipos de fútbol sala feminino competindo ao máximo nivel nacional como son o Cidade das Burgas e o Ourense Envialia e con xogadoras ourensanas internacionais como Vane Sotelo, Ana Lastra ou Iria Saeta, veciña de Vista Hermosa que a pasada tempada foi a máxima goleadora da primeira división nacional e ven de ser premiada como a mellor deportista feminina galega do ano. Tamén a Unión Deportiva Ourense conta cun equipo feminino competindo na máxima categoría autonómica.
METODOLOXÍA:
- Monitores cualificados para ofrecer un ensino acorde á idade das nenas e nenos.
- Material e instalacións de calidade.
DIRIXIDA A:
Nenas e nenos de primaria e infantil.
LUGAR:
Patio do colexio.
IMPARTIDA POR:
Monitor cualificado
HORARIO:
Luns,martes, mércores e xoves de 16:00 a 17:00
PREZO:
10 €/mes