Máis de 200 millóns de persoas falan francés nos cinco continentes. A Francofonía abarca 68 Estados e Gobernos. O francés é a lingua estranxeira que máis persoas aprenden, despois do inglés e a novena lingua máis falada no mundo.
O francés é a lingua internacional da cociña, a moda, o teatro, a arte visual, a danza e a arquitectura. Coñecer o francés permite acceder, en versión orixinal, aos grandes textos da literatura francesa e francófona, pero igualmente ao cinema e á música.
OBXECTIVOS:
A través desta actividade preséntanse unha diversa gama de métodos para que as nenas e nenos adquiran o coñecemento necesario por medio de cantos, xogos, sopas de letras, actividades de escoita ou pequenas conversacións para ir afacéndose ao idioma francés.
DIRIXIDO A:
Nenas e nenos de 3 a 12 anos.
LUGAR:
Aula do colexio.
HORARIO:
Venres de 16:00 a 17:00
IMPARTIDO POR:
Yolanda Rodríguez, licenciada en filoloxía francesa.
PREZO:
11 € mensuais. (mínimo 8 inscripcións)