OS BENEFICIOS DO BAILE GALEGO:
O baile galego ten múltiples beneficios para nenas e nenos. En primeiro lugar, permite achegarlles dun xeito lúdico as nosas tradiccións e cultura, pero ten tamén unha enorme potencialidade educativa que permite traballar unha gran cantidade de contidos relacionados coa actividade física, principalmente os relacionados co ritmo, a expresión corporal; pero tamén coa coordinación, disociación motriz, co traballo das capacidades físicas e habilidades como, saltos, xiros, desprazamentos,... e o que máis: propicia situacións axeitadas para a socialización, coeducación e educación en valores.
Debemos pór en valor o noso patrimonio, cunha gran riqueza nun baile que dá unhas posibilidades para o ensino tan boas ou mellores que outros bailes e danzas que xa introduciramos como contidos educativos. O sistema educativo debe mostrar e ensinar aquilo que nos rodea e nos fixo como pobo... ¡e que mellor forma que bailando!
Ademais, debemos desde o colexio contribuír a recuperar o seu uso como medio de relación social e divertimento.
METODOLOXÍA:
Os nenos e nenas máis cativos comezan con xogos que os fan bailar en roda para pronto comezar coas muiñeiras e, de seguido, coas xotas, carballesas ou agarrados que aprenden os máis maiores, abarcando dende as coreografías máis elaboradas ata as formas de baile máis sinxelas a xeito de foliadas tradicionais.
DIRIXIDO A:
Nenas e nenos de 3 a 12 anos.
LUGAR:
Ximnasio do colexio
HORARIO:
Os venres de 17:00 a 18:00
IMPARTIDO POR:
Asociación Folclórica Queixumes dos Pinos.
PREZO:
10 € mensuais