Post date: Oct 13, 2009 7:58:48 AM
12.00 h Contacontos de Servando Barreiros Lugar: Praza San Cosme e San Damián
Organiza: A Galleira
17.00 h Taller de Baleirado de cabazas
Lugar: Praza Saco e Arce
17.30 h Microteatro, pequena representación teatral interactiva, onde se lles dará a coñecer aos cativos e cativas a orixe do Samaín
Lugar: Praza da Imprenta
Duración: pases de 15 min
17.30 h Obradoiro “ O bosque dos Druídas”
Os druídas cumprían un papel importante no Samaín xa que realizaban as pócemas de purificación e ritos para protexer a aldea. Os participantes realizarán saquiños con herbas recollidas polos druídas
Lugar: Praza Manuel Sueiro
17.30 h Obradoiro: “Os fachóns do Samaín”
Outra das tradicións celtas era facer una fogueira onde os habitantes da aldea queimaban ofrendas. Realizaranse fachóns que os participantes levarán no desfile
Lugar: Praza Manuel Sueiro
17.30 h Taller de maquillaxe
Lugar: Praza Manuel Sueiro
17.30 h Obradoiro de enfeltrado de figuras de Samaín
Lugar: Praza Manuel Sueiro
19.30 h Desfile de Cabazas
Percorrido: Praza Saco e Arce, rúa Liberdade, praza San Marcial, Hernán Cortes, praza das Damas e Praza Maior.
Ao rematar baile e festa na Praza Maior.
Toda a información da Concellería de Cultura en ourensecultura.com
@OurenseCultura
fb: Ourense Cultura