Post date: Oct 13, 2009 7:58:00 AM
*O DÍA 17 DE NOVEMBRO NO CENTRO MARCOS VARCÁRCEL DE 16H A 19H TERÁ LUGAR O OBRADOIRO "CINE DE ANIMACIÓN".
CONTIDO: Iniciación dos rapaces e rapazas no cinema de animación. A maxia de contar as súas propias historias dun xeito diferente utilizando recursos de fácil acceso cotidiano a través da técnica Stop motion.
OBXECTIVO: Plasmar a imaxinación infantil, desenvolver o traballo en equipo e a expresión persoal.
DIRIXIDO A: nenos e nenas de 6 e 10 anos.
O DíA 18 DE NOVEMBRO NO CENTRO MARCOS VARCÁRCEL DE 16H A 19H TERÁ LUGAR O TALLER DE "CREACIóN AUDIOVISUAL"
CONTIDO: Que o cinema chegue aos nenos e nenas non como mero produto de consumo, senón como un arte, unha forma de Cultura e un oficio. Faise necesaria a formación de espectadores críticos, creativos capaces de dar unha resposta autónoma descubrindo asi os medios de audiovisuais como instrumentos de creación artística e de expresión persoal.
OBXECTIVOS: Introducir a creación cinematográfica, gozar con procedementos cineastas, aprender as dinámicas de traballo,coñecer as ferramentas con que se constrúe, fomentar o traballo en equipo... xogar a facer cine.
DIRIXIDO A: nenos e nenas de 7 a 10 anos
Todos os interesados en participar deberán envíen un e-mail antes do día 9 de novembro indicando o nome do centro, o nome dos alumnos e alumnas que desexen participar e o obradoiro, así como un nome e número de teléfono de contacto a:
ani.cacabelos@ourense.es
Telf:988 388136 / ext.1404