Post date: Oct 23, 2016 7:43:31 PM
O vindeiro 26 de outubro está convocada unha folga xeral educativa cuia principal motivación se resume en:
Dita folga consistirá en baleirar as aulas de todos os centros educativos do país.
Esta folga está convocada por varias asociacións, sindicatos e plataformas en defensa do ensino público. Entre elas está a CONFAPA Galicia á que pertencemos a través da nosa pertenza á FAPA As Burgas.
No que se refire ás reválidas, a CONFAPA destaca o seguinte decálogo de motivos para que sexan eliminadas:
1. Son un modelo pedagóxico arcaico. As reválidas son a expresión dun modelo pedagóxico baseado nunha sucesión continua de exames configurados como barreiras que pretenden impedir á maior cantidade posible de alumnado que poida exercer o dereito á educación. Foron eliminadas no noso país en 1970 por ser consideradas unha nefasta práctica que impedía a permanencia na educación da maioría do alumnado.
2. Os nosos fillos e fillas poden ficar fóra do sistema educativo. As reválidas terán como consecuencia directa que unha boa parte do alumnado, aínda que teña todos os ensinos superados, quede fose do sistema educativo. Sen títulos aos que teñen dereito, o seu futuro académico e laboral verase gravemente afectado.
3. Deslexitiman ao docente. As reválidas supoñen a deslixitimación do docente e o cuestionamiento total da súa avaliación continua. A súa función queda minusvalorada e posta en cuestión ata que un exame externo corrobore, si é que o fai, que a súa avaliación é correcta. Ademais, fan empregar un tempo valioso na súa preparación, obrigando a desvirtuar os obxectivos primordiáis da educación.
4. Son realizadas por persoas alleas aos nosos fillos e fillas. As reválidas serán realizadas por persoas que non coñecen en absoluto ao alumnado que avaliarán, xerando ademais un estrés innecesario a quenes se sometan ás probas porque se xogarán todo con elas. Quen as realicen non poderán saber nin valorar o seu progreso educativo, o esforzo de moitos anos de estudo, as circunstancias persoais que lles fan especiais en moitas facetas da súa vida que non serán avaliadas en absoluto,..., e malia iso, a nota que saquen determinará o seu futuro. Estas probas poden tirar ao lixo o traballo dun mínimo de 13 anos para o título da ESO e de 15 para o de Bacharelato.
5. Negáselle unha titulación aos nosos estudantes. As reválidas son un método de negación da titulación que non existe ao finalizar a Educación Secundaria Obligatoria en ningún país da nosa contorna do que tomar bo exemplo. Nestes países tampouco ao finalizar o Bacharelato négase o título, a quen superen todos os seus estudos, nin o acceso a estudos superiores.
6. Frenan o acceso ao Bacharelato e a Universidade. As reválidas só teñen un obxectivo, impedir que acceda ao Bacharelato e logo á Universidade en unha porcentaxe tan alta como na actualidade. Forma parte do recorte do dereito á educación pública e do ataque ao noso precario Estado do Benestar.
7. Están cuestionadas por toda a Comunidade Educativa. As reválidas foron cuestionadas seriamente por todos os sectores da Comunidade Educativa, así como por moitos gobernos autonómicos, agás o galego e outros tres, e a inmensa maioría dos responsables políticos. Só quenes forman parte do Goberno actual, e o partido que o sustenta, insisten en impoñer antidemocráticamente estas probas externas.
8. Buscan un negocio para uns poucos. As reválidas permitirán un suculento novo negocio para empresas que se queiran dedicar a presentarse a concursos para que lles encarguen a súa realización. É só un mero negocio para uns poucos a costa do sufrimento dunha parte importante da sociedade.
9. Son precarias e sen tempo de preparación. As reválidas, ademais, nin tan sequera foron desenvolvidas a tempo para que o alumnado saiba de que se lle examinará, nin para que o profesorado saiba como axudarlle. Son unha auténtica chapuza lexislativa que xera indefensión e inseguridade xurídica ao alumnado.
10. Loitamos pola educación das nosas fillas e fillos. As reválidas póñennos ante unha disyuntiva: ou defendemos os dereitos dos nosos fillos e fillas, ou poida que teñamos que pedirlles desculpas toda a vida por non habelo feito. Asegúrate de ter unha boa resposta si algún día che dín: que fixeches ti para evitalo?
Adxuntamos a este artigo as distintas circulades recibidas da CONFAPA, a CEAPA e a plataforma de defensa do ensino público, así como un modelo de documento para xustificar a ausencia das nosas fillas e fillos no día da folga e outro para solicitar á dirección do centro que no día da folga non se realicen exames nin ningunha outra actuación que poida pexudicar ao alumnado que exerza o seu dereito a folga.