Post date: Mar 21, 2016 12:00:23 PM
A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense pon en marcha o programa Escola de Pais e Nais, que consiste nun ciclo de charlas de apoio a nais, pais e educadores no proceso evolutivo, educativo e madurativo dos seus fillos tentando fortalecer o seu papel referencial e potenciar a comunicación e as habilidades sociais para favorecer unha boa autonomía e unha personalidade eficaz e axeitada para a adaptación social.
Desde a ANPA consideramos estas charlas de gran interese polo que nos puxemos en contacto coa Concellería e ofrecéronos a posibilidade de que que veñan a impartilas no noso barrio. A inscripción é gratuíta e únicamente nos piden que xuntemos un grupo de alomenos 15 persoas interesadas. Para inscribirse non é necesario ter alumnos no centro, o único imprescindible é ter interese nos temas a tratar.
O ciclo consiste en varias charlas de hora e media de duración que se impartirían os luns de 19:00 a 20:30 e as posibles temáticas a abordar son:
As Familias e a Sociedade
As familias do século XXI
As habilidades sociais:
Educar para a autonomía
A sobreproteccións e as súas consecuencias
A disciplina positiva
O rendemento escolar
Da preocupación á ocupación
A adolescencia e a familia
O sentido común en Internet
A alimentación saudable
A familia e as adiccións
A inscripción debe realizarse antes do venres 1 de abril a través desta páxina.
INSCRÍBETE AQUÍ: