Post date: Dec 9, 2015 10:33:56 PM
Era unha vez... a Fala!
A historia da comunicación humana a través dunha educativa, divertida e sorprendente exposición multimedia da obra social de la Caixa.
A comunicación existe mesmo nos seres vivos microscópicos. Os animais comunícanse en distintos niveis e con diferentes complexidades e intensidades. Sen embargo, posuír a capacidade de expresar os pensamentos e sentimentos fronte a outros seres é exclusivo da nosa especie: só os humanos podemos falar!!!!
Era unha vez... a Fala! cóntanos a través de sorprendentes exemplos científicos ou da vida diaria, pero sempre de forma divulgativa e amena, cando e como apareceu a capacidade de falar, que comezou no home Neanderthal e chega ata nós, que partes do corpo a fan posible e como segue a evolucionar co paso dos anos.... unha mostra que non debes perder, veñas só, en grupo, coas túas amigas ou cos compañeiros do colexio.
Hai materiais didácticos sobre a exposición AQUÍ
A mostra estará aberta ata o 14 de xaneiro, sendo a entrada de balde. Horarios:
Visitas Guiadas gratuítas ás 12:00 e 19:00 horas. Visitas grupos escolares e outros colectivos: de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas e de 15:00 a 17:00 horas previa cita previa no teléfono 902 906 666