Post date: Dec 9, 2015 10:38:40 PM
O vindeiro venres pola tarde, día 11 de decembro, a Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo (ESEI) e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) organizamos dentro da semana da Educación en Informática un conxunto de actividades e talleres dirixidos a nenas e nenos de entre 6 e 17 anos co obxectivo de achegarlles dunha forma lúdica e divertida a programación, a tecnoloxía de impresión en 3D e a programación de pequenos dispositivos. As actividades, que son totalmente gratuítas, desenvolveranse nas aulas da Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense segundo o programa que se adxunta.