Nesta actividade, o alumnado de 2º de primaria coñeceu a impresora láser e foron quen de observala en funcionamento. Utilizamos a láser para crear xogos de 3 en raia ("3 in a row") e celebrar "Easter" na aula de Inglés. Tras unha sinxela explicación do seu sofware, seguiron o paso a paso do proceso (desde que as imaxes son deseñadas, gravadas e preparadas para o corte ata que as pezas están listas para o seu uso)